Por favor, non sigas cambiando as traducións sen consultar

Jump to navigation Jump to search
Revision as of 12 February 2019 at 13:30.
The highlighted comment was created in this revision.

Por favor, non sigas cambiando as traducións sen consultar

Boas Navhy, agradezo o teu traballo e axuda na tradución, pero non concordo contigo en moitos dos termos que estás a modificar, principalmente porque non manteñen a integridade da tradución.

Xa cho dixen na anterior mensaxe e non cho vou volver repetir, se queres modificar algo nas mensaxes do software mediawiki consúltame antes ou consulta na taberna da Galipedia.

Saúdos.

    Elisardojm (talk)00:37, 6 September 2018

    Só quería mudar tódolos 'mostrar' por 'amosar', e como estamos nunha ferramenta de software libre e empregábel para todos non vexo por que non podo axudar, para iso está esta ferramenta, non hai xefes e entre todos facemos comunidade cas nosas aportacións. Se te crispan as miñas achegas, deixa a web. Un saúdo e en principio non teño pensado mudar nada máis, pero 'mostrar' era unha palabra moi fea...

      Navhy (talk)00:43, 6 September 2018

      Si, todos poden colaborar, pero hai que colaborar de forma conxunta e coordinada. Se uns tiran para un lado e outros tiran para o outro non facemos nada.

      Se te crispan as miñas achegas, deixa a web. Vou seguir cambiando os mostrar cando remate de revisar os teus cambios...

        Elisardojm (talk)00:52, 6 September 2018

        Grazas compañeiro!

          Navhy (talk)00:54, 6 September 2018

          Hi Navhy, it seems some of your recent translations did not have the intended result. Please discuss changes of vocabulary etc. at Portal talk:gl, to make sure you all work in the same direction without need for us admins to intervene.

            Nemo (talk)11:32, 14 January 2019

            Nemo, the problem continues. Bye,

              Elisardojm (talk)11:36, 12 February 2019

              Tes un problema gordo de coherencia. Hai algunhas traducións que están coma "ocultar" e outras coma "agochar". Sinxelamente estaba normalizando as poucas que ficaban coma "ocultar". Non ten misterio ningún, para que non haxa diferentes criterios todo será "agochar", que era o maioritario. É sinxelo, ou non queres entrar a razóns e aportes de novos usuarios? Semella unha secta isto que estás a montar aquí ti só!

                Navhy (talk)11:40, 12 February 2019

                Podes dicirme, por favor, cales estaban con agochar e cales con ocultar? E xa cho dixen varias veces, antes de facer nada, consulta. Aquí ou na Galipedia, onde prefiras. Saúdos.

                  Elisardojm (talk)11:46, 12 February 2019

                  Pois tes un procurador fermoso para sabelo. Que pasa, que eu sei empregalo e ti non? Non entendo. Só con empregalo é doado de comprobar. A maioría das palabras están en "agochar", non sei que manía tes de que non se fagan ben as cousas. Non ten sentido preguntar algo que cae de caixón, a falla de homoxeneidade é clara, así que por lóxica as que son minoría (é dicir "ocultar") pois se eliminan!

                    Navhy (talk)12:53, 12 February 2019

                    Mira, se queres conversar primeiro baixa o ton, logo, avísame.

                      Elisardojm (talk)13:30, 12 February 2019