MediaWiki:Apihelp-main-param-origin/gl

From translatewiki.net
Jump to: navigation, search

Cando se accede á API usando unha petición AJAX entre-dominios (CORS), inicializar o parámetro co dominio orixe. Isto debe incluírse en calquera petición pre-flight, e polo tanto debe ser parte da petición URI (non do corpo POST). Para peticións autenticadas, isto debe coincidir exactamente cunha das orixes na cabeceira Origin, polo que ten que ser fixado a algo como https://en.wikipedia.org ou https://meta.wikimedia.org. Se este parámetro non coincide coa cabeceira Origin, devolverase unha resposta 403. Se este parámetro coincide coa cabeceira Origin e a orixe está na lista branca, as cabeceiras Access-Control-Allow-Origin e Access-Control-Allow-Credentials serán fixadas.

Para peticións non autenticadas, especifique o valor *. Isto fará que se fixe a cabeceira Access-Control-Allow-Origin, pero Access-Control-Allow-Credentials será false e todos os datos específicos do usuario serán ocultados.