MediaWiki:Createsigndoc-head/gl

From translatewiki.net

Empregue este formulario para crear unha páxina "Asinar o documento", de tal xeito que os usuarios a poidan asinar. Por favor, especifique o nome da páxina na que quere activar a sinatura dixital, os membros de que grupo de usuarios poden asinalo, que campos lles resultan visibles aos usuarios e cales han ser optativos, a idade mínima que se lles esixe aos usuarios para asinar o documento (sen mínimo se se omitise); e un texto introdutorio breve que describa o documento e lles dea instrucións aos usuarios.

Actualmente non resulta posible eliminar ou modificar os documentos de sinatura unha vez que sexan creados sen acceso directo á base de datos. Ademais, o texto da páxina que se mostra na páxina de sinaturas será o texto actual da páxina, independentemente das modificacións que se lle fagan despois de hoxe. Asegúrese ben de que o documento está en situación de estabilidade antes de asinalo. Asegúrese tamén de que especifica todos os campos exactamente como han de ser antes de enviar este formulario.