MediaWiki:Optin-improvements/gl

From translatewiki.net

!!FUZZY!!== Que se mellorou? ==

Captura de pantalla das novas lapelas de edición
Captura de pantalla das novas lapelas de edición
Navegación realzada

O novo sistema de navegación fai máis doado ver onde se está e que se está facendo, así como onde se pode ir e como chegar ata alí. Co cadro de procuras localizado no canto superior dereito obtense un acceso máis fácil para así poder realizar unha busca máis rápida.

Captura de pantalla da barra de ferramentas de edición realzada
Captura de pantalla da barra de ferramentas de edición realzada
Melloras na barra de ferramentas de edición

As novas e melloradas iconas fan máis clara a identificación da acción que realiza cada unha. As seccións expansibles reducen a desorde á vez que manteñen as ferramentas menos usadas a só un clic de distancia. A sección de axuda proporciona un acceso rápido a unha referencia cos usos comúns do formato wiki.

Como involucrarse

Para coñecer máis sobre o proxecto ou involucrarse nel existe o wiki da Iniciativa de usabilidade, onde se atopa a información sobre as nosas subvencións, investigacións, deseño e desenvolvemento e lanzamentos. Para facer preguntas ou valoracións xerais existe a nosa páxina de conversa do prototipo, así como outras páxinas de conversa asociadas a asuntos particulares. En caso de se atopar algún erro hai á disposición a páxina de discusión da versión Babaco ou mesmo Bugzilla.

Grazas, e agardamos calquera opinión que nos axude a mellorar!