User:GerardM/test/gl

From translatewiki.net


A gripe porcina (tamén chamada gripe do porco, nova gripe e gripe A (H1N1)) refírese á gripe causada por esas cepas do virus da gripe, chamadas virus da gripe porcina (VGP), que fai infectar os porcos<ref name=Merck/>. A gripe porcina é común en porcos do oeste medio dos Estados Unidos (e, ocasionalmente, noutros estados), México, Canadá, América do Sur, Europa (incluíndo o Reino Unido, Suecia e Italia), Quenia, China, Taiwán, Xapón e outras partes do leste asiático<ref name=Merck>{{Cite journal}}</ref>.

A transmisión do virus da gripe porcina de porcos a humanos non é común e os porcos debidamente cociñados non representan ningún risco de infección. Ao transmitirse, o virus non sempre causa gripe humana e, moitas veces, o único sinal de infección é a presenza de anticorpos no sangue, só detectables mediante análises de laboratorio. Cando a transmisión resulta nunha gripe nun humano, é chamada gripe porcina zoonótica. As persoas que traballan con porcos, especialmente as persoas con intensa exposición, están en perigo de contraer a gripe porcina. Non obstante, só preto de cincuenta transmisións teñen sido rexistradas desde mediados do século XX, cando a identificación dos subtipos de gripe se volveu posible. Raramente, estas cepas de gripe porcina poden pasar de humano a humano. Nos seres humanos, os síntomas da gripe porcina son similares aos da gripe e da gripe como enfermidade en xeral, a saber arrepíos ou calafríos, febre, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza severa, tose, fraqueza e malestar xeral.