User:Raymond/Wiki Loves Monuments/infographic

From translatewiki.net
Jump to: navigation, search
This page is a translated version of the page User:Raymond/Wiki Loves Monuments/infographic and the translation is 100% complete.

Other languages:
العربية • ‎asturianu • ‎беларуская (тарашкевіца)‎ • ‎বাংলা • ‎brezhoneg • ‎català • ‎čeština • ‎Deutsch • ‎Zazaki • ‎dolnoserbski • ‎English • ‎español • ‎français • ‎galego • ‎hornjoserbsce • ‎magyar • ‎interlingua • ‎italiano • ‎日本語 • ‎ಕನ್ನಡ • ‎Ripoarisch • ‎Lëtzebuergesch • ‎македонски • ‎Nederlands • ‎Pälzisch • ‎polski • ‎Piemontèis • ‎português • ‎русский • ‎svenska • ‎Tagalog • ‎中文(简体)‎

O segredo flúe detrás

Wiki Loves Monuments

De onde proceden os monumentos?

As institucións nacionais e rexionais de patrimonio cultural achegan datos oficiais

Ás veces é un pouco máis complicado conseguir os datos

Algúns wikipedistas dedícanse a crear listas de monumentos na Wikipedia

Cada monumento necesita un identificador único

As listas da Wikipedia constrúense en base a estruturas de modelos.

Isto permite unha a edición doada da información, e así podemos importalas nunha enorme base de datos de monumentos con todos os monumentos que hai dispoñibles. A configuración para un conxunto de listas (por exemplo, para un país) efectúase por unha persoa con coñecementos técnicos, dunha soa vez.

"Mais os días tórnanse curtos cando chega setembro!"

165.000

imaxes cargadas na Wikimedia Commons* 18 países. *en setembro de 2011

5.000 participantes.

Centos de voluntarios.

Como atopan todas estas imaxes as súas listas?

Os participantes achegan o identificador cando cargan a imaxe.

Identificador do monumento

erfgoedbot entra en escea!

erfgoed é a palabra holandesa para dicir "patrimonio" e un bot é un pequeno programa que automatiza a tarefas repetitivas ou aburridas para nós. erfgoedbot execútase á noite e colleita as listas na Wikipedia e todas as imaxes cargadas xunto aos seus identificadores e actualiza a enorme base de datos con toda esta información. Sobre esta base, erfgoedbot colócaas nas categorías correctas na Wikimedia Commons. Finalmente, proporciona á Wikipedia información sobre as imaxes de monumentos que non están en uso para completar as listas. E todo isto mentres nós durmimos…

A base de datos conecta as imaxes de Commons coas listas de monumentos na Wikipedia mediante o identificador do monumento

Hai imaxes dun monumento que non se utilicen?

Temos coordenadas xeográficas?

Que lista de monumentos xa está ilustrada?

Pero isto non é todo… podemos construír unha manchea de fantásticas ferramentas!

Procurar monumentos por país, palabras clave, municipio e máis

Mostrar estatísticas útiles para o concurso fotográfico

Mostrar os monumentos nun mapa

…ou sae á rúa para atopar monumentos co teu smartphone

Por último…

…podemos entregar as listas de monumentos ilustradas e actualizadas de volta á institución de patrimonio cultural, para a súa libre utilización.

Que o coñecemento libre flúa!