Jump to content

EOL:Website-you may upload static files fo/gl

From translatewiki.net

Podes cargar ficheiros estáticos para usalos no CMS (por exemplo, ficheiros en PDF, documentos de Word, imaxes etc.). Non debes empregar isto para cargar contidos para as páxinas de especies; isto é unicamente para usalo nas outras páxinas (como nos anuncios de emprego, nos boletíns de novas, nos acordos MOU etc.). Para os ficheiros en PDF como os acordos MOU e os boletíns de novas, podes ligar co "URL amigable" se queres (que redirixirá automaticamente cara ao "URL completo"). Para as imaxes incorporadas nunha páxina e referenciadas cunha etiqueta <img>, debes usar o "URL completo". O "URL completo" pode presentar un número de servidor de contido diferente cada vez que refresques a páxina (por exemplo, "content2.eol.org", "content3.eol.org" etc.). Isto é algo normal e pódese utilizar calquera cando crees as túas ligazóns, dado que son todos equivalentes.