MediaWiki:Optin-improvements2/gl

From translatewiki.net

Que se mellorou?

Captura de pantalla da barra de ferramentas de edición mellorada.
Captura de pantalla da barra de ferramentas de edición mellorada.
Captura de pantalla dos novos diálogos de xeración de contidos.
Captura de pantalla dos novos diálogos de xeración de contidos.
Melloras na barra de ferramentas de edición

A barra de ferramentas de edición mellorada consegue que a edición de artigos sexa máis doada. As novas e melloradas iconas fan máis clara a identificación da acción que realiza cada ferramenta. As seccións expansibles reducen a desorde á vez que manteñen as ferramentas menos usadas a só un clic de distancia.

Diálogos

Ao crear ligazóns ou táboas, simplemente con premer sobre a icona da ferramenta abonda para acceder a unha caixa de diálogo que axuda a crealas mediante un rápido formulario que cómpre encher.

E máis

Tamén introducimos un gran número doutras moitas melloras como a navegación realzada, as lapelas en cascada ou a procura mellorada, por dicir algunha.

Como involucrarse

Para coñecer máis sobre a Iniciativa de usabilidade visita a nosa páxina principal.