RE:Erros en Traducións mediawiki
Olaǃ a túa páxina de conversa é estaǃ ː) En Translatewiki usan un sistema un pouco diferente ó das wikis que se chama Flow, ten algunhas melloras, seguramente en pouco tempo se instale en tódalas wikis. Se miras a miña sinatura verás a ligazón á miña conversa.
Non te preocupes de nada, iso que fixeches ti foi unha das primeiras cousas que tamén fixen eu cando comecei aquí, e veu Toliño a explicarmo ː). A idea é procurar que as traducións teñan unha coherencia/cohesión, é dicir, que unhas frases teñan un estilo e outras semellantes outro. Na aplicación de Mediawiki usamos esa forma, tamén se usa nas outras de Wikimedia, pero noutras aplicacións pode que teñan outro estilo.
O de "pescudas" non o sabía, vin que alguén o usou nalgún momento e pensei que podía ser máis correcto, grazas pola corrección e tomo nota. Moitas grazas pola axuda neste "mundo" das traducións que nunca se da rematadoǃ Saúdos,
Ah! non debía estar autenticada, por iso non me saía o reply... Ok, aínda non revertín nada que tiña outras cousas antes, pero prometo facelo. O de consulta localiceino tamén acó buscando por" query". É un recurso que está práctico para as traducións técnicas, o máis seguro é que xa o coñezas, pero por se acaso
Tamén segundo isto "search" sería busca tamén, con máis ocurrencias que "procura", pero xa está tan establecido na Galipedia que penso que é millor manter "procura". A ver se dou avanzado algo. Graciñas por todo --Maria zaos (talk) 11:21, 10 August 2018 (UTC)
Moi ben, moitas grazas.