Jump to content

Benvido!

Ósperas! Marcho catro días de vacacións e véxote de súpeto por aquí. Encantado de que te unas a este proxecto de tradución do software. Hai algún tempo había máis xente traballando no galego, pero quedei soamente eu. Veño de comprobar que avanzaches bastante na tradución de StatusNet. Mellor entre dous ca un só.

Por se serve de axuda, eu emprego esta páxina especial para comprobar as extensións e mensaxes que necesitan tradución/actualización (seleccionando "Omitir os grupos de mensaxes completamente traducidos"). Con ela pódeste facer unha idea das estatísticas na nosa lingua. Unha vez (xa onde vai!) conseguín ter todos os grupos traducidos ao 100%, pero axiña apareceron novos proxectos con milleiros de mensaxes, demasiadas para min só, e desde aquela vou aos poucos.

Pois iso, non me lío máis, que o tempo aquí é para as mensaxes. Bo traballo e benvido!

Toliño Fala aquí comigo 09:11, 5 April 2010

É que son usuario de Identi.ca, e quería ter a interface en galego. De feito en principio metinme só para traducir StatusNet, pero xa que estou aproveitarei para botar unha man co resto. A verdade é que para un que me interesaba traducir, o FreeCol (estou metido na tradución de videoxogos libres), resulta que estaba a un par de cadeas de estar ao 100%! Tiven que traducir outra aplicación para demostrar que podía traducir e obter permisos para traducir offline.

Bueno, iso, que xa que cheguei quedarei por aquí. Grazas pola ligazón, hame resultar moi útil. Seguro que conseguimos que todo volva ao 100% :D

Vémonos!

Gallaecio18:37, 5 April 2010