User talk:Iváns
- [View source↑]
- [History↑]
Contents
Thread title | Replies | Last modified |
---|---|---|
---- | 10 | 20:30, 27 May 2022 |
Cambios xerais | 0 | 16:00, 23 January 2020 |
Colaboración | 3 | 15:59, 23 January 2020 |
"Troco" | 4 | 15:56, 23 January 2020 |
Wikimedia:Wikipedia-ios-about-contributors/gl | 3 | 15:56, 23 January 2020 |
Galego normativo | 6 | 15:54, 23 January 2020 |
---
Si, todos poden colaborar, pero hai que colaborar de forma conxunta e coordinada. Se uns tiran para un lado e outros tiran para o outro non facemos nada.
Se te crispan as miñas achegas, deixa a web. Vou seguir cambiando os mostrar cando remate de revisar os teus cambios...
Hi Iváns, it seems some of your recent translations did not have the intended result. Please discuss changes of vocabulary etc. at Portal talk:gl, to make sure you all work in the same direction without need for us admins to intervene.
Boas Iváns, paréceme ben que queiras substituír un termo por outro en tódalas mensaxes, pero o que me gustaría saber é como fas para atopar todas as mensaxes que conteñan ese termo xa que eu non fun capaz de facer ese tipo de procuras.
Por outra banda, no que non concordo é na túa forma de facelo, non podes decidir ti só que termos hai que cambiar, antes de facer eses cambios consúltame primeiro porque tiven que desfacer o teu cambio de contribuíntes, por exemplo. Contribuíntes ten o significado de xente que achega cartos a unha entidade e nas mensaxes de Mediawiki resérvase para as mensaxes asociadas ós procesos de recadación de fondos, por iso para as outras mensaxes úsase o termo colaboradores, e así deixar máis claro as diferenzas.
Outro exemplo de cambio que non vou a aceptar é o de pra por para, xa que a RAG indica que a forma máis recomendable é para, por iso pídoche que antes de facer outras modificacións de estilo me consultes para chegar a un acordo entre os dous, ou se o prefires, que o consultes na páxina da Taberna da Galipedia que é onde están os usuarios ós que lles vai a afectar o cambio, se eles concordan coa modificación que propoñas, entón eu axudareiche con el no que poida.
Saúdos.
Boas de novo Iváns, pídoche de novo que non desfagas o que está feito xa que coas túas edicións estás a rachar o estilo que teñen as mensaxes. Se non queres colaborar co resto de tradutores non o fagas, pero non desgagas o noso traballo.
Por favor, volvo pedirche que non modifiques máis mensaxes salvo que teñan erros reais, non cambies termos por sinónimos xa que iso o único que fai é estragar o traballo e a unidade de tradución das miles de mensaxes que xa hai. As aplicacións que vixío están a ser usadas por miles de usuarios, nunca houbo problemas polos termos usados nin nada, e cando hai erros reais xa me avisan para que os corrixa. Moitas destas aplicacións están a usarse na Galipedia e nos seus proxectos asociados, as mensaxes están a ser vistas por miles de usuarios diariamente e ata agora non tivemos ningún problema. Se queres traducir unha aplicación nova co teu estilo de tradución e as túas escollas, por min perfecto, se non son aplicacións que se relacionen coa Wikipedia, pero se queres traducir as aplicacións que xa hai, debes manter a coherencia co que xa hai feito. Esta tarefa xa é bastante pesada e agora mesmo coas túas edicións o que estás a facer é aumentar o traballo, polo que se non conseguimos chegar a un entendemento, terei que notificalo ós administradores de translatewiki e pedirlles que solucionen este tema. Saúdos.
Si, é para colaborar todos, pero non cada un polo seu lado porque se non vai quedar todo feito unha chambonada, é para traballar todos na mesma dirección.
Que quero dicir? Pois que se nunha aplicación como a de MediaWiki hai 30.000 mensaxes cunhas escollas e un estilo, non podes vir ti e adicarte a cambiar o que che apetece porque esa aplicación, e outras, están traducidas por centos de usuarios ó longo de varios anos e todos seguiron ese estilo. Que non che gusta? É a túa opinión persoal, eu xa che digo que son editor da Galipedia e alí ninguén me dixo que esas mensaxes estiveran mal ou que había que cambialas.
O que che dicía antes, se queres facer as túas escollas e usar o teu propio estilo, pois entón traduce unha aplicación nova, na que poidas traballar practicamente dende 0, por exemplo a Ajapaik. Traduce as súas mensaxes como mellor che pareza.
Hai que manter a coherencia co que xa hai feito, corrixindo iso si os erros claros que haxa e actualizando o que sexa preciso, pero non se pode andar mesturando cousas.
De tódolos xeitos, se pensas que hai que cambiar algunha cousa nas traducións do software MediaWiki, ou os seus asociados, o que che pido é que o consultes na Taberna da Galipedia, que é onde están os usuarios que utilizan estas ferramentas, e son ós que lles poden afectar as túas modificacións. Saúdos.
Boas Iváns, Estiven a corrixir algunhas entradas nas traducións de OSM. Nalgunhas substituín "troco" por cambio. O motivo é que troco refírese ao intercambio de bens, mercancía ou cartos entre dúas persoas. Véxase a definición de "troco" no dicionario da RAG. Unha modificación ou cambio nun mapa, texto, debuxo etc. feito por unha persoa non é un "troco" - iso é un cambio, modificación etc. Por favor, se fas algún cambio xustifica no comentario porqué esa nova escolla.
Saúdos ánimo coas traducións por aquí!
Ola! Na meirande parte dos casos as frases da interface refírense aos grupos de edicións que garda unha persoa nun momento dado, non?. Porén, "troco" na RAG só lle dá estas acepcións: "Acción e efecto de trocar ou trocarse" (intercambio de bens) / "Cantidade de diñeiro en moedas ou billetes cun valor equivalente a outra cantidade" / "Diñeiro que sobra ao pagar e que se devolve". No Estraviz igual, recolle os mesmos conceptos. Troco co significado de "cambio" é un hipergalegismo. "Cambio", ou incluso en parte "mudanza", axústanse mellor á tradución.
O texto de Wikimedia:Wikipedia-ios-about-contributors/gl é da aplicación de Wikipedia, polo tanto pídoche que o deixes tal e como estaba xa que é totalmente correcto segundo a RAG, non é castelanismo ningún como podes comprobar en https://academia.gal/dicionario/-/termo/colaborador. Xa vin as túas edicións en OSM, fai aí o que mellor vexas pero pídoche que non modifiques nada nas aplicacións de Wikipedia e asociadas, ou se queres cambiar algo que antes me consultes ou preguntes Galipedia, que é ós que lles afectan estes cambios (podes facelo en https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:A_Taberna_(xeral)). Saúdos.
Esta modificación foi na aplicación de Wikipedia, foi a que desfixen e volviches a refacer, co cal tiven que desfacela por segunda vez.
Sobre os termos usados nas traducións da aplicación da Galipedia eu só manteño o que xa había e procuro amañar os erros que me comentan na wiki, e ata o momento ninguén dixo nada do que ti comentas. A maiores, os termos que se usan son aceptados pola RAG, e polo tanto poden usarse sen maior problema. Saúdos.
Boas Iváns, grazas por colaborar coas traducións en galego, porén pídoche que antes de cambiar nada esteas ben seguro de que os teus cambios son correctos, xa que tiven que desfacer varios deles porque contiñan erros ou non seguían o estilo que teñen o resto de mensaxes. Saúdos.
Non, non hai que usar sempre as palabras que sexan diferentes do castelán, simplemente hai que escribir en galego. Por favor, non desfagas o traballo que hai feito, a non ser que haxa erros reais, e mantén o estilo que xa hai nas mensaxes para que quede todo aquelado.