User talk:Alma

From translatewiki.net
Latest comment: 16 years ago by Xosé in topic fuzzy

Welcome to Betawiki!

Hi Alma. Welcome to Betawiki. Before you can use Special:Translate, please request translator rights at Betawiki:Translators. Please create a user page on which you describe which language(s) you will be working on.

Once you have started translating, please remember to often request a commit of your translation work at Translating:Tasks. This makes the number of changes easier to handle for the devs.

I wish you a productive and pleasant stay. Cheers! Siebrand 09:52, 28 September 2007 (UTC)Reply

Grazas polo ofrecemento. Supoño que sabes como proceder: Hai que ir revisando as mensaxes unha a unha. Podemos dividir pero penso que é mellor que os dous as revisemos todas porque se non tardamos máis tempo en coordinarnos e sempre 4 ollos son mellor que 2. Unha cousa importante a ter en conta é que as mensaxes teñen que ser xenéricas, non específicas da Galipedia porque este software é o que calquera pode instalar no seu servidor para ter un wiki propio. Por exemplo mancomun.org realizaron unha tradución propia para eles porque non existia outra. Unha vez rematada a tradución calquera persoa pode instalar o software e escoller o galego como idioma da interface. Mans á obra! --Xosé (✉) 12:47, 28 September 2007 (UTC)Reply

Non, o que fixeron foi ao revés. Como temos case todo traducido na Galipedia pedinlles que as importasen para aqui, así xa temos moito traballo avanzado. Antes non tiñan esa posibilidade e Prevert foi traducindo simultanemente na Galipedia e aqui (ou sexa, o dobre de traballo). Nós temos que traducir as que non o estean e revisar todas as que están. Hai moitas mensaxes que son fáciles de traducir. Para as que teñan dúbida, deixamos mensaxes na súa páxina de discusión. Se eu comezo esta tarde e chego ao final, cando volva a comezar dentro duns dias ti xa terás feito o mesmo e eu verei os comentarios que ti deixaches ou as modificacións. Se hai algo que me choque escríboche aqui. Ti fas o mesmo, comezas e cando remates volves a comezar e comprobas as páxinas de discusión por se deixei eu algun comentario - e se ves algo que che choque escríbesme. --Xosé (✉) 13:11, 28 September 2007 (UTC)Reply
No campo comentario explica as traducións. Por exemplo, acabo de cambiar "Deshabilitar memoria caché de páxinas" por "Deshabilitar a memoria caché das páxinas" porque a segunda é máis lexíbel (o primeiro "soa a ordenador") e no resumo puxen "Máis lexíbel". --Xosé (✉) 13:16, 28 September 2007 (UTC)Reply
O de non tocar MediaWiki talk:Talkpagelinktext/gl‎ nen nengun outro nome de espazos (como Project, etc.) é porque quedara un debate a medias en [1]. Hai que decidir se, por exemplo, traducimos isto como "Falar", "Conversa", "Comentarios" ou "Discusión" porque as modificacións nos espazos de nomes son moito máis problemáticos que calquera outra mensaxe. Lembras que ainda empregamos "Category"? Nisto non haberá problemas, será "Categoría", pero non deberiamos decidir ti e máis eu como lles chamamos aos demais, por iso haberia que retomar aquela discusión. A ver se o fago hoxe. --Xosé (✉) 14:45, 28 September 2007 (UTC)Reply
Dúas cousas técnicas: Se te fixas nas listaxes de mensaxes, ao lado da flecha para baixo está o nome da mensaxe. Se está en azul é que xa a traducimos Prevert ou eu; se está en vermello, ainda que apareza unha tradución, non o está ainda: son as mensaxes que se acaban de traer da Galipedia, son só suxestións. Ainda que estean ben hainas que editar e gardar. É o que fago cando no resumo poño "Incorporo". Para ver a mensaxe orixinal en inglés, na barra de enderezos do navegador substitúes "gl" por "en" e xa a tes. Se queres consultar outra lingua pos "pt", "fr", "de", etc. --Xosé (✉) 20:48, 28 September 2007 (UTC)Reply
Xa vin esas mensaxes e xa respostei a varias. Para seguirte mellor o que fago é ir á túa páxina de contribucións cada pouco tempo e leo os resumos. Se algo me chama atención leo. Penso que imos bastante rápido. --Xosé (✉) 20:58, 28 September 2007 (UTC)Reply

Status

Hi Alma. Great work on the Galician translation for MediaWiki. It is not required to have all messages translated before we can copy your work into MediaWiki. Please let us know when you are ready to have the first batch committed. Please remember that we have imported the messages from gl.wikipedia, so all references to it should be removed. You can check all localised messages for Galacian here. A few mistakes is not that much of a problem. I trust that you will remove them at some point in time :) Cheers! Siebrand 08:42, 29 September 2007 (UTC)Reply

  • Efectivamente, non é preciso ter todas as mensaxes traducidas. De feito, Prevert publicou a primeira edición cunhas 300 - pero aínda que fosen poucas polo menos puxo en marcha a incorporación do noso idioma a MediaWiki, agora trátase só de ir actualizando. Porén, eu case prefería telo todo traducido e ben revisado a primeira vez porque iso evita moito traballo de revisión máis tarde. É fastidiadísimo cando un día te dás conta de que entendiches mal unha palabra e hai que ir revisando todas as mensaxes e, en moitos casos esa escolla condiciounou outras decisións. Creo que o ritmo que levamos sorprendeuno. Posibelmente esperaba algo máis demorado, pero é que contamos coa enorme vantaxe de ter feita xa a tradución na Galipedia, agora só é depurala, e esta tradución estivo á vista de todos os nosos compañeiros, que nos foron comentando incoherencias ou textos que aparecían en inglés.

Porén, hai varias mensaxes que están sen traducir porque non tíñamos nen idea. Eran, por exemplo, unhas referidas á información EXIF das cámaras e ao posicionamento GPS, algo demasiado técnico. Como di Siebrand, pódense deixar algunhas sen traducir e mellor non traducir que traducir mal porque podemos facer máis mal que ben (se non se entende unha mensaxe en inglés, pódese consultar, pero se está mal traducida o lector está totalmente perdido). Non lle poderei dedicar moito tempo entre a tarde de hoxe e a de mañá, pero calculo que o martes xa estará feito. O derradeiro paso consistirá en navegar por este wiki premendo en todos os botóns e os links para comprobar as mensaxes que nos mostra. Un saúdo. --Xosé (✉) 10:08, 29 September 2007 (UTC)Reply

  • Non é unha mensaxe para que lle respostemos. Agora mesmo el está a revisar as nosas mensaxes que son explícitas da Galipedia para que sexan válidas para MediaWiki (a iso se refire co de eliminar as referencias). Con respecto á diferenza na conta de mensaxes que mencionas, Siebrand diríxete á lista de mensaxes sen traducir, mentres que a outra é a total, isto é, excluíndo as xa traducidas (na páxina das mensaxes, no primeiro menu, son as opcións "ver" ou "revisar"). Convennos máis revisar todo para que as mensaxes sexan homoxéneas. Por certo, con ese menú pódese traballar, por exemplo, só con mensaxes novas, só con mensaxes que cambiaron desde a tradución anterior ou só con mensaxes traducidas. --Xosé (✉) 10:25, 29 September 2007 (UTC)Reply
  • Viría sendo así:
    • View all messages from -- Todo, todo
    • View all untranslated messages from - Sen traducir (novas mensaxes creadas polos programadores e, agora, as importadas)
    • Review changes to -- Modificadas polos programadores (o que haberá que revisar no futuro)
    • Review all translations in -- O xa traducido

O que Siebrand quere dicir é "en canto vos cansedes e pensedes que xa vale para algo, podédesmo enviar". Non nos está a meter presa, que non a hai, é para que o noso traballo non se deteña cando levemos o 80% e non nos atrevamos a enviarllo, porque así non serviría de nada. En canto o teñamos, enviámos-llo e el actualiza. O software actualízase cada poucos meses, e é nese momento cando se incorporan as traducións - ou sexa, que se se acaba de publicar unha versión, a nosa tradución pode aparecer na seguinte, dentro de dous ou tres meses, e iso depende ademais doutros factores. En resumidas, facemos o noso traballo concienzudamente, completo, e logo avisamos a Siebrand. --Xosé (✉) 10:58, 29 September 2007 (UTC)Reply

    • Grazas polas grazas :-) Tamén estou cómodo. Siebrand traduciu con Altavista - :-D Proba e caes do chan co riso. Leu as nosas conversas e quere confirmar que entendeu ben duas cousas: 1) non queremos enviar nada para evitar que haxa mensaxes confusas ou erróneas e 2) calculamos que acabaremos o martes. - Vaia, Altavista non funciona tan mal! Cheers! significa que está gratamente sorprendido polos nosos dous propósitos. Xa que che escribe a ti, confírmalle que entendeu ben (se martes é demasiado cedo para ti dille cando estimas ti que será posíbel - calculo que debe de estar revisada case a metade), pero non nos pide que fagamos nada máis. Suxire outra tradución adicional, que podemos deixar para máis tarde. --Xosé (✉) 11:46, 29 September 2007 (UTC)Reply
  • Heh, OK. I tried having this translated from Spanish to English by Altavista. Because it is not truely Spanish, things came out quite garbled. I think I understand that you guys discussed that you do not want to have anything committed yet, because you fear the user will be confused, and that you think that things will be done by Tuesday. Did I understand that correctly? Cheers! Siebrand 11:04, 29 September 2007 (UTC)Reply
  • P.s. Here you can translate the translation interface :) Siebrand 11:06, 29 September 2007 (UTC)Reply

Correccións

É moi fácil atopar onde aparece un texto: na páxina de todas as mensaxes di que che mostre 2000 mensaxes (menú superior, tarda un pouquiño). Logo, co navegador buscas o texto que queres (CTRL+F) e vas modificando as mensaxes. --Xosé (✉) 22:39, 29 September 2007 (UTC)Reply

  • Na seguinte revisión voume ir fixando nada máis que nas mensaxes nas que hai algo na súa páxina de discusión. Antes vou mirar se atopo unha solución para esas traducións técnicas que teñen problemas. --Xosé (✉) 07:44, 30 September 2007 (UTC)Reply
  • Lansbricae chamoume a atención para unha mensaxe sen traducir. Aproveitei e traducín outras. Algunhas eran novas e outras eran duvidosas pero resolvéramolas aquí, así que aproveitei. De todas as maneiras, non se produce actualización automática entre os wikis, así que hai que traducir nos dous lados. Creo que este wiki utiliza unha versión máis nova, con máis mensaxes, polo que é posíbel que cando se actualice na Galipedia as mensaxes antes inexistentes alí serán traducidas automaticamente, pero non estou seguro. --Xosé (✉) 11:23, 30 September 2007 (UTC)Reply
  • Ah, dille que o "chamoume a atención" non era con sentido de bronca, quería dicir "chamou a miña atención para o feito de que...". Non importa que existan discrepancias entre o que se traduce aquí e o que haxa na Galipedia. Cada wiki debe adaptar as mensaxes ás súas necesidades. Por exemplo, se alguén instala o wiki para un curso de ferrería pode decidir que a "Portada" se chame "Portalón", ou se é un wiki de videoxogos, "eliminar" pode ser "fulminar". A cousa é que cando instalen o wiki teñan a opción de pór toda a interface en galego (esa será a miña derradeira revisión, instalar o wiki no meu ordenador e importar a tradución ao galego). Tamén haberá varias disparidades porque aquí estamos revisando todo moi finamente e, por exemplo, en vez de "Introduza enderezo e-mail" nós preferimos "Introduza o seu enderezo de correo electrónico". Vou mirar os talks teus. --Xosé (✉) 16:28, 30 September 2007 (UTC)Reply

¿Axuda? Toda a do mundo

Si, Alma. Non sei como deixeime liar por Xosé e aquí me ves intentando botar unha man e sen enterarme como. Para empezar: estiven nunha páxina de mensaxes (1700 e pico) e xa vin algún erro e algunha cousa que comentar. ¿Corríxoo como na Galipedia ou dígovolo para que o fagades vós? Pedro --Lameiro 20:04, 30 September 2007 (UTC)Reply

  • Ondiá! Que pasou? Acabo de ver que me escribin a min mesmo o dos parabéns (pensaba que cho deixaba aqui). Entón, onde deixei a resposta á túa pregunta? Parece ser que non lle din a gravar! O que che dicía era que esas mensaxes que nos propón son exclusivas deste sitio, de Betawiki. Son as mensaxes que aparecen á esquerda ("Languages", "Recent translation changes",...), que só valen para os que traballemos aquí. Ou sexa, que non paga moito a pena, a non ser para prepararlle o camiño a outros que veñan detrás de nós, que algún dia haberá! Vexo que xa te puxeche con elas. As mensaxes que levamos traducidas son as xerais de MediaWiki. Para esta vez van esas todas. Ademais, existen outras que corresponden a "extensións" do software. Non sei cales destas extensións están instaladas na Galipedia (a que permite usar a etiqueta <poem> si, polo menos. Na listaxe de mensaxes é o segundo menú e son as que se identifican como "mw ext" ("Extensións de MediaWiki"); o último grupo é un xogo, nada que ver con WikiMedia, creo. Algún día teremos que traducir tamén todas esas extensións, pero son só un media de 10 mensaxes por extensión, máis ou menos. --Xosé (✉) 19:37, 1 October 2007 (UTC)Reply
  • Ben. Eu rematei de le-las case 2.000 mensaxes, a falta desas pouquiñas que quedaron sen traducir. ¡Vaia rollo, a verdade! Quedan nas páxinas de discusión máis comentarios e algunha proposta, e xa mirarei estes días a ver se hai algo máis que argumentar ou explicar. Xa me diredes se queda algo máis que mirar e comprobar. Ás vosas ordes para o que faga falta e poida axudar. Pedro --Lameiro 22:20, 1 October 2007 (UTC)Reply

Congratulations

Great job on the gl translations amongst the four of you. You did great work for your language's community in the past week! Cheers! Siebrand 21:16, 4 October 2007 (UTC)Reply

Status

Moi ben. --Xosé (✉) 15:52, 11 November 2007 (UTC)Reply

Penso que xa está. En canto aprobemos o do cambio de nomes facémolo todo xunto. --O Breve (✉) 19:27, 13 November 2007 (UTC)Reply

fuzzy

Os que están "fuzzy" están cos demais pero teñen esta palabra ao principio. Corríxese o que haxa que corrixir e bórrase "FUZZY" --Xosé (✉) 20:23, 18 January 2008 (UTC). Mira en "Revisar cambios en". --Xosé (✉) 13:57, 20 January 2008 (UTC)Reply