Project:Transadmin/gl
Os Translation administrators (list of members) poden enviar páxinas preparadas para a súa tradución neste sitio web. Os Administrators (list of members) só conceden este dereito aos tradutores experimentados.
As páxinas enviadas para a súa tradución deben ser verificadas primeiro e os administradores de tradución deben facer algúns esforzos para tentar traducir cada páxina enviada a polo menos unha lingua para probar a súa traducibilidade na interface de usuario. Tamén deben tentar colocar as partes intraducibles das mensaxes en variables de marcador de posición e evitar crear "mensaxes fragmentadas" que asuman algunha sintaxe ou orde de palabras válida nunha única lingua. Deben ser conscientes das diversas necesidades lingüísticas de gramática, número, maiúsculas e minúsculas, puntuación e estilos lingüísticos. Tamén deben tentar preparar páxinas cunha terminoloxía consistente e minimizar o traballo necesario para os tradutores para que poidan beneficiarse da memoria de tradución integrada, utilizando unidades de tradución curtas na medida do posible e agochando detalles de HTML/CSS e sintaxe wiki complicada sempre que sexa posible.
Este dereito pode ser revogado se se fai un mal uso del; por exemplo, facendo moi malos preparativos, rompendo demasiadas traducións xa realizadas polos tradutores, non revisando correctamente as edicións propostas nas páxinas de orixe, colaborando con abusadores que deixen que contidos abusivos sexan traducido, non cooperando en caso de conflito de edición entre administradores de tradución, non cooperando con tradutores internacionais ou enviando spam aos tradutores engadindo ou eliminando un número excesivo de páxinas fonte ou reestruturándoas constantemente.
Para te converteres en tradutor, rexístrate na páxina principal e agarda a aprobación.
Para obteres axuda con outras cousas, consulta Support.