2012-05-26: Because of issues the with source code management for MediaWiki extensions, no exports of translations can be made at the moment.
Our apologies. All your translations will of course be updated as soon as the issue is resolved. (Other news...)
Tecnoloxía
De translatewiki.net.
Cette page est une traduction de la page Technology et la traduction est complétée à 100 % et à jour.
| Autres langues : | arabe |
Translatewiki.net emprega varias técnicas de asistencia que farán que o traballo de tradución sexa máis rápido e se obteñan mellores resultados.
Axudas de tradución
A máis simple axuda de tradución é unha colección de información potencialmente útil.
- Traducións noutras linguas
- Pode elixir que linguas quere ver ao traducir. As traducións feitas nas linguas seleccionadas móstranse se xa existise algunha. As traducións feitas noutras linguas relacionadas dan unha idea sobre as palabras e mais a estrutura gramatical. Ou tamén pode velas para aprender outra lingua!
- Documentación das mensaxes
- Calquera software contén mensaxes complicadas de entender, mesmo no seu contexto. É posible que este tipo de mensaxes conte cunha documentación de axuda en translatewiki.net. E aínda que non a haxa, axudaremos no que poidamos. Soamente ten que facer a pregunta na nosa páxina de axuda. A documentación achega información sobre o contexto (se é o texto dun botón, un título), os contidos das variables e calquera outra cousa que se necesite para estar certo sobre a correcta tradución.
- Comprobacións sintácticas
- Tamén introducimos simples comprobacións que alertan de pequenos erros como variables non usadas ou descoñecidas, formato de HTML incorrecto e cantidades irregulares de parénteses. Estas simples equivocacións poden causar problemas, polo que é importante atopalas axiña.
Tecnoloxías de tradución
Estas son tecnoloxías máis avanzadas que axudan nos campos das ciencias informáticas e a tecnoloxía das linguas.
- Memoria de tradución
- Estamos a utilizar un software de memoria de tradución da caixa de ferramentas de tradución. A memoria de tradución axuda a conseguir unha maior coherencia nas traducións, ademais de facer máis rápida a tradución de termos similares e mensaxes repetitivas.
- Máquina de tradución Apertium
- A máquina de tradución Apertium vai un paso máis adiante que o simple feito de mostrar unha tradución noutra lingua. Apertium é un motor de traducións de código aberto que pode traducir entre linguas próximas. Visite a páxina de inicio do Apertium para obter máis información sobre os pares de linguas soportados.