Project:Política de protección de datos

From translatewiki.net
This page is a translated version of the page Project:Privacy policy and the translation is 100% complete.


Resumo

Esta política cobre a información de identificación persoal recollida ou almacenada por translatewiki.net nos seus servidores en relación ao proxecto e a súa comunidade. Translatewiki.net colleita e conserva a mínima cantidade de información de identificación persoal, tan só a imprescindible para responder ás necesidades operacionais do proxecto.

A natureza pública e colaborativa do proxecto

Translatewiki.net desenvólvense de xeito colaborativo polos seus usuarios mediante o software MediaWiki. Calquera cos permisos de edición axeitados pode modificar as páxinas editables deste sitio accedendo previamente ao sistema como usuario rexistrado. Ao facelo, os editores crean un documento publicado e un rexistro público de cada palabra que engadan, retiren ou cambien. Trátase dun acto público e os editores identifícanse publicamente como autores dos devanditos cambios. Todas as contribucións feitas nesteproxecto, xunto con toda a información dispoñible publicamente con respecto a estas contribucións, atópanse irrevogablemente licenciadas e poden ser libremente copiadas, citadas, reutilizadas e adaptadas por terceiras partes con poucas restricións.

Actividades en translatewiki.net

En xeral, esta política aplícase soamente á información privada almacenada ou tomada por translatewiki.net que non está dispoñible publicamente.

As interaccións con translatewiki.net non cubertas por esta política inclúen, pero non están limitadas a, aspectos de navegación e edición de páxinas e emprego da función "Enviar un correo electrónico a este usuario" do wiki. Estas interaccións poden revelar o enderezo IP do colaborador, e posiblemente outra información persoal, sen distinción entre o público xeral e grupos específicos de voluntarios que actúen independentemente de translatewiki.net.

Os usuarios tamén poden interactuar entre eles fóra de translatewiki.net, mediante correo electrónico, IRC ou calquera outro sistema de mensaxería instantánea, ou páxinas web independentes, e deberán avaliar os riscos derivados, e a súa necesidade persoal de protección de datos, antes de utilizar estes métodos de comunicación.

Contas de usuario e autoría

Translatewiki.net obriga aos editores a se rexistrar na súa páxina web, aínda que algunhas páxinas se poidan editar se necesidade do rexistro cun nome de usuario, casos en que serán identificados mediante o seu enderezo IP da rede. Os usuarios que se rexistren serán identificados polo nome de usuario que elixiran. Ademais, os usuarios seleccionan un contrasinal, que é confidencial e serve para comprobar a integridade da súa conta. Agás na medida en que o esixa a lei, ninguén debería revelar ou expoñer conscientemente os contrasinais de usuario e/ou as cookies xeradas para identificar un usuario. Unha vez creadas, as contas de usuario non poderán ser eliminadas, amenos que haxa intencións maliciosas que os membros do persoal de translatewiki.net xulgarán. É posible cambiar un nome de usuario. Translatewiki.net non garante que se poida modificar un nome de usuario baixo solicitude.

Propósito da recolección de información privada

Translatewiki.net limita a recolección de datos de usuario que o poidan identificar persoalmente a propósitos que serven para o bo funcionamento do seu proxecto, entre os que se encontran, pero non están limitados a, os seguintes:

  • Para mellorar a responsabilidade pública do proxecto. Translatewiki.net recoñece que calquera sistema o suficientemente aberto para permitir a mellor participación posible por parte do público xeral tamén será vulnerable a certo tipo de abusos e comportamentos contraproducentes. Translatewiki.net estableceu un número de mecanismos para evitar ou remediar as actividades abusivas. Por exemplo, ao investigar o abuso no proxecto, xa sexa unha sospeita de usuario monicreque (conta duplicada), un vandalismo, un acoso a outros usuarios ou un comportamento destrutivo, os enderezos IP dos usuarios (derivados tanto destes rexistros como dos rexistros na base de datos) poden empregarse para identificar a(s) orixe(s) do comportamento abusivo. Esta información pódena compartir os usuarios con autoridade administrativa, encargados da protección do proxecto.
  • Para proporcionar estatísticas do sitio. Translatewiki.net toma mostras de datos estatísticos a partir das visitas dos usuarios. Estes rexistros utilízanse para producir as páxinas de estatísticas do sitio; os datos brutos dos rexistros non se fan públicos.
  • Para resolver problemas técnicos. Os datos dos rexistros poden ser examinados polos desenvolvedores co obxectivo de resolver problemas técnicos e facer un seguimento de arañas web que destrúan o sitio.

Translatewiki.net pode cargar recursos, como o JavaScript, desde servidores externos, algo que pode afectar o anonimato do usuario (por exemplo, o Google Adwords ou as suxestións de tradución). É responsabilidade do usuario limitar a exposición de detalles non desexados debido á carga de recursos desde servidores externos.

Detalles sobre a retención de datos

Explicacións xerais

IP e outra información técnica

Cando un visitante solicita ou le unha páxina, non se colleita máis información ca a que calquera páxina web recollería. Translatewiki.net pode gardar rexistros brutos destas transaccións, pero non se publicarán.
Cando un editor que previamente accedeu ao sistema edita unha páxina, o servidor almacena confidencialmente información relativa ao enderezo IP durante un período de tempo limitado. Esta información bórrase automaticamente transcorrido o período fixado. Para os editores que non accederon ao sistema, o enderezo IP utilizado relaciónase pública e permanentemente como autor desa modificación. É posible que unha terceira parte identifique o autor a partir dese enderezo IP e outra información dispoñible. O acceso ao sistema cun nome de usuario rexistrado permite unha mellor preservación do anonimato.

Cookies

O sitio garda unha cookie de sesión temporal no ordenador do visitante cada vez que accede a algunha páxina. Os lectores que non teñan intención de acceder ao sistema ou editar poden rexeitar esta cookie; borrarase ao rematar a sesión do navegador. O acceso ao sistema provoca o almacenamento de máis cookies co fin de manter o estado de rexistro. Se alguén garda un nome de usuario ou contrasinal no seu navegador, esa información gardarase ata 30 días e reenviarase ao servidor en cada visita a este proxecto. Os colaboradores que utilicen unha máquina pública e non queiran expor o seu nome de usuario a futuros usuarios deberían limpar estas cookies tralo seu uso.

Historial da páxina

As edición ou outras contribucións feitas nas traducións, páxinas de usuario, páxinas de conversa e outras páxinas do proxecto consérvanse, por regra xeral, para sempre. A eliminación de texto do proxecto non o borra permanentemente. O normal é que calquera poida ollar as versións previas dunha páxina e comprobar o que había entón. Mesmo se unha páxina está "borrada", un usuario cun nivel de acceso maior aínda pode ver aquilo que se retirou da vista do público. Existen individuos con acceso aos servidores de translatewiki.net que poden borrar permanentemente a información, pero, deixando ao lado estrañas circunstancias nas que translatewiki.net se atopa na obriga de borrar materiais do historial en resposta a unha orde xudicial ou un proceso legal equivalente, non hai garantía ningunha de que se produza o borrado permanente.

Contribucións do usuario/a

As contribucións dun usuario tamén están dispoñibles publicamente. As contribucións dun usuario engádense de acordo ao seu rexistro e estado de conexión. Os datos das contribucións de usuario, como a hora á que os usuarios editaron e o número de edicións que fixeron, están dispoñibles publicamente en listas de contribucións de usuario e formularios publicados por outros usuarios.
Ler o proxecto
Non se recolle máis información ca a tipicamente recabada nos rexistros dos servidores das páxinas web sobre usuarios e outros visitantes que len páxinas. Á parte do constatado enriba, estes datos gárdanse para propósitos xerais, as visitas a páxinas non expoñen publicamente a identidade dun visitante. Os datos poden incluír o enderezo IP de calquera usuario, pero non se fai público.
Editar o proxecto
As edicións nas páxinas identifícanse co nome de usuario ou o enderezo IP da rede do editor, e o historial de edicións engádese por autor a unha lista de contribucións. A devandita información estará dispoñible de forma permanente.
Usuarios rexistrados:
Os usuarios que accederon ao sistema non expoñen o seu enderezo IP ao público agás en caso de abuso, como vandalismos nunha páxina do wiki polo usuario ou por outro usuario co mesmo enderezo IP. O enderezo IP dun usuario almacénase nos servidores de translatewiki.net por un período de tempo, durante o cal os administradores dos servidores e aqueles usuarios con permisos de "CheckUser" teñen a posibilidade de ollalo.
A información do enderezo IP, xunto coa súa conexión con calquera nome de usuario que o comparta, pode revelarse baixo certas circunstancias citadas embaixo.
Os editores que fagan uso dun servidor de correo electrónico dunha empresa desde a casa ou traballan cunha conexión á internet DSL ou por cable, pódense identificar facilmente polo seu enderezo IP; en cuxo caso pode ser doado localizar todas as contribucións feitas no proxecto por ese mesmo enderezo. O emprego dun nome de usuario é o mellor xeito de preservar o anonimato nesta situación.
Usuarios non rexistrados:
Os editores que non accederon ao sistema poden ser identificados polo seu enderezo IP da rede. Dependendo da conexión de cadaquén, este enderezo IP será fácil de seguir e asocialo a un provedor de internet ou, máis especificamente, a unha escola, un lugar de traballo ou un fogar. É posible utilizar esta información en combinación con outra, como poden ser o estilo e preferencias de edición, para identificar un autor por completo.
Conversas
Nas páxinas de conversa do wiki:
Teoricamente, é posible que calquera páxina que se poida editar sexa o lugar para levar a cabo unha conversa. En xeral, as conversas en translatewiki.net só teñen cabida nas páxinas de conversa de usuario (asociadas a usuarios en concreto), nas páxinas de conversa do proxecto (asociadas a proxectos soportados en concreto) ou nas páxinas deseñadas especificamente para realizar a función de foro (por exemplo, a páxina "Support"). As expectacións de anonimato nas páxinas de conversa aplícanse de igual maneira ca en calquera outro lugar.
Mediante o correo electrónico:
Os usuarios non teñen a obriga de achegar o seu enderezo de correo electrónico ao se rexistrar. Aqueles que proporcionen un enderezo válido dan a posibilidade de que outros usuarios rexistrados lles envíen mensaxes de correo electrónico a través do wiki. Ao recibir un correo doutros usuarios mediante este sistema, o enderezo de destino non é revelado. Ao elixir a opción de enviar un correo a outros usuarios, o enderezo móstrase como remitente.
Translatewiki.net pode empregar o enderezo de correo electrónico dado nas preferencias de usuario para comunicarse. Os usuarios cuxas contas non posúan un enderezo válido non poderán restablecer o contrasinal se o esquecen. Nesta situación, porén, os usuarios poden poñerse en contacto con algún dos administradores do servidor de translatewiki.net para inserir un novo enderezo de correo electrónico. Os usuarios teñen a posibilidade de eliminar o enderezo das súas preferencias en calquera momento para evitar o seu uso. É responsabilidade dos usuarios gardar a correspondencia privada mantida entre eles, e en ningún caso se atopa baixo as políticas de translatewiki.net.
No IRC:
Oficialmente, as canles IRC non son parte de translatewiki.net e non se albergan nos servidores controlados por translatewiki.net. O enderezo IP daqueles usuarios que conversen a través deste servizo pódese expor a outros participantes. Soamente se pode protexer o anonimato dos usuarios do IRC de acordo coas políticas dos respectivos servizos e canles. As diferentes canles teñen políticas distintas con respecto á publicación dos rexistros.

Acceso a e revelación de información persoal

Acceso:

O proxecto está basicamente dirixido por colaboradores voluntarios. Só algúns deles posúen privilexios. Por exemplo, os niveis de acceso a translatewiki.net están determinados pola presenza do usuario en varios "proxectos soportados". Os dereitos e membros dos grupos son públicos.

Entre outros usuarios que teñen acceso a información privada atópanse, pero non están limitados a, os usuarios con acceso ás funcións de "CheckUser", os empregados de translatewiki.net e aqueles designados, contratados e axentes empregados polos operadores de translatewiki.net, desenvolvedores e outros con altos niveis de acceso ao servidor.

Compartir a información con outros usuarios en posesión de privilexios non é "distribución".

Revelación: política de revelación de datos

Para calquera da seguintes situacións esta é a política de translatewiki.net que regula a recollida de información persoal nos rexistros do servidor ou en rexistros na base de datos a través da característica de "CheckUser" que pode ser publicada polos voluntarios ou membros de translatewiki.net:

  1. En resposta a unha citación ou calquera outra solicitude obrigatoria válida para a execución da lei.
  2. Co permiso do usuario en cuestión.
  3. Cando sexa necesario para investigar reclamacións por abusos.
  4. Cando a información pertence a visitas de páxinas xeradas por unha araña web ou un bot e a súa diseminación sexa necesaria para ilustrar ou resolver problemas técnicos.
  5. Cando o usuario estivo a vandalizar páxinas ou tivo un comportamento prexudicial persistente, os datos pódense revelar a un provedor de servizos ou calquera outra terceira parte para asistir no obxectivo de bloqueo de enderezos IP ou para axudar á formulación dunha reclamación ao un provedor de servizos de internet relevante.
  6. Cando é razoablemente necesario protexer os dereitos, os bens ou a seguridade de translatewiki.net, os seus usuarios ou o público.

Agás para os casos descritos enriba, a política de translatewiki.net non permite a distribución de información persoal baixo ningunha circunstancia.

Acceso de terceiras partes e notificación a usuarios rexistrados ao recibir procesos legais:

Por regra xeral, o acceso a e mais a retención de datos persoais no proxecto debería ser o mínimo e empregarse exclusivamente para garantir o benestar interno do mesmo. En ocasións, porén, translatewiki.net pode recibir unha citación ou calquera outra solicitude obrigatoria por parte dun organismo de execución da lei, un tribunal ou calquera outro corpo gobernamental equivalente que pide a revelación de información sobre un usuario rexistrado, situación na que se atenderá á solicitude para cumprir a lei. Dándose as circunstancias legais citadas, translatewiki.net intentará notificar o usuario afectado nun prazo de tres días hábiles despois da chegada da citación por medio dun aviso por correo electrónico que enviará ao enderezo que rexistrou nas súas preferencias de usuario (se o tivese).

Translatewiki.net non pode aconsellar o usuario que reciba a devandita notificación. Non obstante, translatewiki.net advirte de que o usuario ten o dereito legal de opoñerse ou limitar a información do tribunal enchendo un formulario para rexeitar a citación. Aqueles usuarios que se queiran opor á citación ou a calquera outra solicitude obrigatoria deben buscar consello legal no referente aos dereitos e procedementos aplicables que haxa dispoñibles.

Se translatewiki.net recibe unha notificación presentada por un tribunal para anular ou limitar a citación como resultado dalgunha acción feita por un usuario ou o seu avogado, translatewiki.net non divulgará a información solicitada ata que reciba unha orde do tribunal para facelo.

Os usuarios rexistrados non están obrigados a facilitar un enderezo de correo electrónico. No entanto, cando un usuario rexistrado afectado non deu un enderezo, translatewiki.net non poderá notificar o usuario mediante mensaxes privadas cando reciba a solicitude do organismo legal para revelar información persoal sobre o usuario.

Renuncia

Translatewiki.net considera dun importante valor o mantemento e a preservación da intimidade dos datos de usuario. Esta política de protección de datos, xunto coas accións de translatewiki.net, representa un esforzo comprometido para salvagardar a seguridade da limitada información de usuario recollida e gardada nos nosos servidores. Non obstante, translatewiki.net non pode garantir que a información de usuario se manteña privada. Recoñecemos que, malia os nosos esforzos para protexer a información privada, determinados individuos poderían desenvolver modos para a extracción de datos e outros métodos que descubrirían esa información e divulgárena. Por este motivo, translatewiki.net non pode garantir o acceso non autorizado á información proporcionada no transcurso da participación no proxecto de translatewiki.net ou na comunidade relacionada.

In cases of conflicting information between a translated version of this page and the original version in the English language, the English version will take precedence over the translated version.