Novo proxecto
Jump to navigation
Jump to search
Outdated translations are marked like this.
Translatewiki.net quere medrar
Estamos buscando máis proxectos! Non dubide en poñerse en contacto con nós para conversar sobre como engadir o seu proxecto a translatewiki.net. Valoramos o traballo dos nosos tradutores voluntarios, o que significa que estamos na procura de proxectos activos que teñan un desenvolvemento activo no futuro. Tamén facemos énfase na comunicación entre os tradutores e mais os desenvolvedores. A continuación hai unha breve lista que destaca o que agardamos dun proxecto novo, ademais dos procesos necesarios unha vez aceptado.
Necesitamos...
Apertura | |
![]() |
Só aceptamos aqueles proxectos que empregan unha licenza libre e aberta. Temos que elixir aquilo ó que queremos dar soporte de xeito directo. Dado que as nosas orixes están na MediaWiki e na Wikimedia, este é un valor fundamental para nós. Se a túa aplicación non é libre, pero aínda así che gostaría empregar o mesmo software, olla a documentación. |
Desenvolvemento | |
![]() |
Os novos proxectos deben ter un desenvolvemento activo e usar un sistema de control de versión. Xa estamos familiarizados con CVS, Subversion e Git. O proxecto deberá contar con lanzamentos periódicos ou algún outro xeito de actualización de traducións. Cómpre minimizar o tempo ata que as traducións están operativas. Existen múltiples xeitos de conseguir que as traducións se usen máis rapidamente, e que podemos debater. |
Integración | |
![]() |
Unha vez que os contidos do seu proxecto sexan traducidos en translatewiki.net, os propios membros de translatewiki.net serán capaces de integrar os cambios no seu produto. Isto precisa un procedemento de adición de linguas e permisos de acceso para, polo menos, un dos membros do persoal de translatewiki.net. Isto asegura que o traballo dos tradutores sexa integrado de maneira efectiva. O persoal de translatewiki.net ten moita experiencia en facer modificacións mediante os diferentes sistemas de control de código fonte. |
Gústanos...
Soporte i18n | |
![]() |
Só soportamos o conxunto de caracteres UTF-8. Prefírese o soporte do ámbito i18n para as aplicacións con variables, diferentes plurais e as linguas que se escriben de dereita a esquerda. Hai que considerar o soporte para as formas gramaticais, así como para o xénero do usuario mencionado nos textos da interface. |
Comunicación | |
![]() |
Debe haber un desenvolvedor do proxecto activo en translatewiki.net para responder as preguntas, notificar sobre vindeiros lanzamentos, coordinar co grupo de desenvolvemento do proxecto etc. A nosa achega para a localización funciona mellor cando o coñecemento flúe todo o libremente que poida entre as comunidades de desenvolvedores e de tradutores. A ligazón co proxecto xoga un papel moi importante neste proceso. |
Formatos de ficheiro | |
![]() |
O sistema de translatewiki.net baséase na tradución de ficheiros. Prefírese o uso de ficheiros baseados en claves, como as propiedades Java e YAML ao estilo Ruby. Os outros formatos de ficheiro soportados son as táboas e variables PHP e o Gettext. Fáganos saber se ten un formato diferente en mente; segundo a nosa experiencia, o engadido de soporte para formatos de ficheiro é relativamente doado para alguén experto en PHP. |
Still interested? Good. You can contact us via,
- Our support page. First, create an account as a developer (using the Can't submit some translations right now? option) on the homepage, wait for your account to be approved and then create a support ticket.
- Our issue tracker - Phabricator. Fill out the project information section on this task template.
If you want to explore some more first, then try the localisation for developers page.