Translating:Intro/gl
Seguinte paso | Como comezar |
---|
translatewiki.net |
---|
Introdución |
Comezando |
Tutorial de tradución |
Como comezar |
Véxase tamén |
Guías de localización |
Translating offline |
Preguntas máis frecuentes |
Axuda |
Introdución
En xeral, a tradución e localización é importante, porque permite que a xente que non ten coñecementos de inglés poida facer uso de programas informáticos. MediaWiki emprégase, por exemplo, para executar a Wikipedia en moitas linguas e, polo tanto, traducindo a interface de MediaWiki axúdase directamente ás persoas a que teñan acceso ao coñecemento libre na súa propia lingua. Hai máis información sobre os termos na documentación Gettext e na Wikipedia.
Aquí en translatewiki.net estamos a construír e mellorar continuamente a infraestruturas para facilitar a localización dos proxectos de código aberto e documentos libres. Esforzámonos para acadar os nosos dous obxectivos.
O noso primeiro obxectivo é a eficacia. Para aumentar a eficiencia do proceso, integrámonos no proceso de desenvolvemento do software para ter unha pequena visión deste. Ademais, desenvolvemos ferramentas para automatizar a integración das traducións. Isto alivia aos tradutores, que se concentran en producir as mellores traducións posibles.
O noso segundo obxectivo é a colaboración. Todo o sistema está construído nun wiki. MediaWiki é un motor wiki moi popular, proporcionando unha estrutura para a construción de comunidades colaborativas. Animamos aos tradutores a que se axuden mutuamente a través do proxecto e das fronteiras lingüísticas de múltiples formas, e actuar como unha ponte entre desenvolvedores e tradutores.
Non precisa ter idea de programación. Se está familiarizado cun software wiki, vai aprender a usar translatewiki.net sen problemas. Os únicos requirimentos son o bo dominio de linguas, un navegador web e ser de mente aberta.
Actualmente, o proxecto de translatewiki.net (MediaWiki) é utilizado en máis de 300 linguas. Translatewiki.net recibe actualizacións en máis de 100 linguas cada mes.