Como comezar

From translatewiki.net
Jump to navigation Jump to search
This page is a translated version of the page Translating:How to start and the translation is 93% complete.

Outdated translations are marked like this.
translatewiki.net
Introdución
Comezando
Como comezar
Proceso
Outros
Estatísticas
Estatísticas de grupo
Véxase tamén
Guías de localización
Sen conexión
Preguntas máis frecuentes
Axuda

Como comezar

Para comezar, a primeira cousa que precisa é unha conta de usuario en translatewiki.net. Crear unha conta leva menos dun minuto e úsase para ter un seguimento do que estivo a traballar.

Cando crea unha conta ten que facer algunhas traducións de proba para estar seguros de que ten uns coñecementos básicos das linguas. Estas traducións non son reais, úsanse para comparalas con vellas traducións feitas por usuarios de confianza antes de darlle os dereitos para comezar a traducir as mensaxes reais. Isto quere dicir que as mensaxes que traduza serán usadas na seguinte actualización do programa/sitio web!

Estar en contacto

Support é o lugar onde pode pedir axuda ou propor cousas.

O portal na lingua da súa interface de usuario, p. ex. portal:fi, é un lugar centralizado onde pode atopar información e estatísticas de actividade sobre a comunidade da lingua. Tamén é o lugar para comunicarse con outros tradutores da mesma lingua e conversar sobre terminoloxía e outras cousas relacionadas.

Special:WebChat permítelle conectarse á nosa canle IRC usando o seu navegador web. Pode atopar máis axuda sobre IRC en m:IRC. En resumo, pode conversar en tempo real con desenvolvedores e empregados de translatewiki.net, se están activos alí nese momento.

Comezar a traducir

Despois de que obteña o permiso para traducir, o seu punto de entrada será principalmente a ferramenta de tradución. Esta ferramenta lista todos os grupos de mensaxes dispoñibles que temos. A maioría das traducións fanse usando esta ferramenta, consulte o tutorial.

Proceso recomendado para a traducción de MediaWiki

Os tradutores doutros proxectos poden ignorar esta lista.

Lea isto se quere saber máis. A lectura non é necesaria, aínda que é recomendada para unha boa comprensión das funcionalidades localizadas máis avanzadas. Vostede podería pasar algúns días traducido e volver cando pense que precisa de máis información.

Lembre: traduza as ligazóns, os espazos de nomes e as mensaxes tal e como son, e non se afaste da mensaxe fonte máis do necesario!